viernes, 17 de enero de 2014

2013-2014 con Máis Retranca!

O 2013 foi un ano excelente!!! Fixen: Unha peli: "INEVITABLE" dirixida por Jorge Algora; unha t.v. movie: "Todos os Santos" de Chema Gagino; unha curta: 3-1=0 xunta a Xosé Barato, escrita e dirixida por Juan Galiñanes; unha campaña de publicidade para as festas de San Xoán da Coruña; dous vídeoclips: "Ahora que tengo 33" de Aphonnic con Ziwa y "Yo no soy como el otro" de La Ricura... Ademáis dun programa de t.v.: "A Favorita" co que pasei o verán seguindo as festas e ás orquestras con Ricardo Pardo; unha serie: "Luci", dirixida por Jorge Coira e comecei outro programa para a TVG: "Máis Retranca", que estamos a escribir e gravar Tonhito de Poi e máis eu con Adivina Producciones, polas vilas de Galicia á procura de humoristas... Só podo pedir que este 2014 siga na mesma onda... Parece que os pasiños que vou dando son pequenos pero constantes e non podo máis que rir de ledicia! Grazas aos directores e produtores que confían en mín! Adoro este traballo!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario