"LUCI", a nova serie de Portocabo tivo unha gran repercursión: o 7 de febreiro na preestrea no Centro Ágora, que contou coa presenza de todos (os actores, o director Jorge Coira, o produtor Fosco e os guionistas Araceli Gonda e Pepe Coira) e na súa retransmisión televisiva na TVG o luns 11-F, alcanzando un 12'5 de share (un punto por enriba da exitosa Padre Casares).
Esta Sit Com que se desenvolve na cidade da Coruña narra as aventuras de desventuras dunha muller de mediana idade que exerce de xardineira municipal. O meu personaxe chámase Mon, é mestra e un pouco "lercha", como lle di Luci. E até aquí podo ler... Veremos se a tele se digna a mercar este produto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario